Ao calor das panderetas

PONTEVEDRA

Esta fin de semana celébrase en Pontevedra a quinta edición do Encontro Internacional de Pandeiras de Man

12 nov 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

A innovación e o mestizaxe achégase a Pontevedra a través do Encontro Internacional de Pandeiros de Man. O festival tratará, nesta edición, de achegarse á tradición musical árabe, pobo que introduciu na Península este instrumento de percusión e que se converteu no son máis popular en Galicia dos últimos mil anos.

Con este espírito a quinta edición do DUF pretende ser un encontro de culturas, de música e de tradición. O festival comezará este venres ás catro da tarde coa instalación da Haima DUF na praza da Ferrería, que recibirá a feira de artesanía musical na que participarán mestres de Galicia, como Carlos Collazo, de Portugal, como Paulo Meirinhos e de Castela, como Víctor Barral.

Actuación estelar

As oito da noite o centro social de Caixanova acollerá o concerto estelar do encontro porque xuntaranse o grupo galego Leilía, xunto co iraní Massud Naderi e Barbod e o exipcio Mahamed el Sayed, dous grandes mestres percusionistas da música oriental. O Centro Galego de Música Popular, entidade organizadora do evento, elixiron estes dous países porque neles é onde se atopan «as tradicións máis ricas e tecnicamente máis complexas» do mundo do pandeiro.

O sábado, as dez da mañá no museo da Pontevedra, haberá o obradoiro «fai o teu pandeiro». O mestre artesán Carlos Collazo dirixe a construción dun pandeiro cadrado, reprodución orixinal de Perfecto Feijoo, co que se realizaron as primeiras gravacións fonográficas deste instrumento en 1904, e que permanece conservado no museo.

Ás once da mañá, na praza da Ferrería, o mestre exipcio Mohammed el Sayed estará na Haima Duf onde compartirá conversación e té cos interesados na súa realidade.

As Tanxedoras

Este festival cultural tamén servirá para que un novo grupo de folk galego presente en exclusiva o seu primeiro lanzamento discográfico. O evento será á unha do mediodía.

O sábado rematará co evento Serán Urbano, todos os que dispoñan dunha pandeireta poderán achegarse á Ferrería a panderetar nun concerto aberto, no que participarán futuras promesas da Aula de Folque Infantil de Pontevedra e tocadores afeccionados e experimentados da comarca pontevedresa.

Este encontro rematará o domingo cunha master class dirixida por Felisa Segade na Casa das Campás. A continuación, Segade ofrecerá un concerto que poñerá o broche final a este encontro cheo de tradición e raíces culturais.