Pesca confía en que haberá campaña de Nadal no banco dos Praceres

Marcos Gago Otero
Marcos Gago PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

M.G.

A obra realizada no núcleo do Cabo pon fin aos vertidos directos de Pontevedra á ría Os traballos do saneamento en Marín estarán acabados para a próxima semana

09 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

?O obxectivo é que para a campaña de Nadal o banco dos Praceres estea aberto. Ese é o obxectivo». Así de concluínte se amosou onte en Marín a conselleira de Pesca, Carmen Gallego, que visitou as obras de saneamento levadas a cabo polo Concello de Pontevedra no Cabo dos Praceres, para posteriormente tamén facelo mesmo nas que o de Marín e Medio Ambiente executan na avenida de Ourense. A conselleira explicou que as obras están rematadas no caso pontevedrés e anunciou que en cuestión de poucos días entrará en funcionamento a segunda fase da depuradora dos Praceres. Asemade, a titular de Pesca explicou que as obras que está executando Medio Ambiente na supresión dos puntos contaminantes na avenida de Ourense, en Marín, amosan o compromiso da actual Administración galega cos mariscadores, dentro dun plan de emerxencia para conseguir a recalificación do banco de Lourizán de zona C a B. Gallego sostivo: «Hai un Goberno que coopera con outros gobernos e que cumpre os seus compromisos», engadindo que os afectados «nunca estiveron desasistidos». Unha vez que se rematen os traballos de saneamento, a conselleira asegurou que «se intensificarán as mostraxes», que, en caso de que dean positivo, permitirán reabrir o banco á actividade marisqueira habitual.