A Xunta investiu 2,5 millóns en seis meses no selado de 10 vertedoiros

La Voz

OURENSE

A Consellería de Medio Ambiente clausurou neste ano na provincia os dos concellos de A Mezquita, Sarreaus, Vilar de Barrio, Vilariño de Conso e A Gudiña

14 dic 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

A Comunidade galega rematou nos seis primeiros meses deste ano a clausura dun total de dez vertedoiros municipais que sumaron un importe de case 2,5 millóns de euros. O selado destes vertedoiros antes do verán foi un dos compromisos adquiridos polo departamento que dirixe Agustín Hernández. Concretamente, entre os meses de xaneiro e maio desde ano, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas rematou os traballos dos vertedoiros nos concellos de A Mezquita, Sarreaus, Vilar de Barrio, Vilariño de Conso e A Gudiña en Ourense, dando así por finalizadas as actuacións nesta provincia, que xunto coa de Pontevedra convértese en unha das primeiras que nas que se conclúen este tipo de traballos.

Tamén nos seis primeiros meses do ano a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas terminou os traballos de selado de vertedoiros nos concellos de Pol, Paradela, O Páramo, Meira e A Fonsagrada (Lugo); e o vertedoiro de O Covelo (área metropolitana de Vigo).

A inversión total na provincia de Ourense nos concellos onde se actuou durante a presente lexislatura no selado dos seus vertedoiros foi de 2.554.900 euros: Castro Caldelas, 198.583 euros; Montederramo, 114.056 euros; A Rúa, 764.324 euros; Riós, 290.472 euros; A Mezquita, 152.422 euros; Sarreaus, Vilar de Barrio, 131.980 euros; Vilariño de Conso, 253.022 euros e A Gudiña, 650.039 euros. En total oito concellos cos que se da por finalizados os traballos de selado na provincia ourensá.

Antes do verán, dende o ano 1998 ata a actualidade, o Goberno galego clausurou en Galicia 259 vertedoiros de residuos urbanos, que representa unha inversión de 70,8 millón de euros. A estas actuacións hai que engadir as catro últimas pendentes de inicio, cun desembolso económico a maiores de 800.000 euros. Os vertedoiros pendentes de selado en Galicia supón un 1,5% do total. Son catro: Touro e Pedra Fita, pendentes de adxudicar as obras, e os de Nogais e Negueira de Muñiz que xa están previstas.