11 dic 2011 . Actualizado a las 06:00 h.
José Antonio Rodríguez Ferreiro está especialmente doído con dous alcaldes do PP. O de Baltar e o de Xinzo de Limia.
-Fale dos papeis que ten. ¿Quen tería que estar nervioso?
-Sobre todo o presidente provincial do PP de entón e algún alcalde da comarca, concretamente os actuais de Baltar e de Xinzo. Os dous. Eles saben que politicamente somos inimigos, eramos amigos antes. O alcalde de Xinzo abandonoume, enganoume e traizooume. Quen o meteu na política fun eu. E que fora de 5 con Isaac Vila conseguímolo tamén. O alcalde de Xinzo, el saberá. Traidores hai dous: Antonio Pérez e José Antonio Feijoo.