«O PP debe ter máis peso porque é o máis votado»

OURENSE

18 nov 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Edesio Yáñez volverá á alcaldía de A Veiga o próximo día 27 aupado polos independentes, que xa non disfrutarán dun reparto equitativo de responsabilidades como co PSOE.

-¿Cal é o motivo de que agora o PP teña agora máis peso no bipartito que o que tiña o PSOE?

-O PP debe ter máis peso porque é o partido máis votado e é o que ten catro concelleiros.

-¿Será un goberno estable?

-A confianza que eu teño é porque el [Víctor Yáñez] estivo moitos anos no PP e foi incluso deputado provincial.

-A suspensión da feira de caza provocou discrepancias no bipartito, ¿a recuperará vostede como alcalde?

-Unha das prioridades é recuperar a feira de caza porque houbo un descontento grande do municipio. Ímola volver a facer e mellorala incluso.

-Aeive acusou ao alcalde de ecoloxista exacerbado, ¿significa isto que o Concello apoiará proxectos como o dos parques eólicos?

-Os parques eólicos non dependen do Concello. Eu incluso me opuxen a isto nunha ocasión pero se a Xunta quere e ve que aquí hai un terreo onde se poidan colocar parques eólicos eu non podo facer nada, non me vou a opoñer.