Este ano, mentres o gando non chega e ponse en marcha o proxecto, o concello ten que volver arrombar a zona polos seus propios medios.
De feito xa se están iniciando os traballos, que este ano correrán a cargo dos alumnos da escola obradoiro da mancomunidade. Durante as próximas semanas encargaranse da roza e limpeza tanto da contorna do castelo como da ruta de turismo ecolóxico.
Precisamente a incorporación do gando será un aliciente máis para os que camiñen por este camiño de 20 quilómetros de lonxitude e que, despois da zona do Castelo, cruza cara a Gulfariz, para chegar ata Os Peares e de alí a San Lorenzo, antes de regresar de novo á capitalidade da Peroxa.
En breve os contactos recibirán en o seu correo electrónico unha ligazón á noticia
Grazas por usar os nosos servizos
Revise os seus datos e volva intentalo
Se se volve producir un erro, é posible que o servizo está momentaneamente non dispoñible. Inténteo máis tarde.
Desculpe as molestias. Grazas por usar os nosos servizos