Patrocinado porPatrocinado por

«Os proxectos para o Leader deben ter o consenso de todos»

AGRICULTURA

Un ano despoís de deixar o sindicalismo pola alcaldía do seu concello natal, Magide asegura que non se arrepinte

07 ago 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Un ano despois de estrearse no eido político -procedente do sindicalismo educativo- como alcalde de Parada de Sil, o socialista Francisco Magide asume a responsabilidade de dirixir o grupo de desenvolvemento rural que xestionará as axudas do plan Leader para o territorio dos dez concellos que integran a Asociación Sil-Bibei-Navea. Unha elección na que, asemade, logrou o respaldo de tódolos responsables políticos dos municipios implicados e tan só tres abstencións nos votos dos colectivos sociales.

-¿Sorprendeulle este consenso político?

-Maís que sorpresa o que me aporta é unha satisfacción moi especial porque eu son un gran defensor das posibilidades do diálogo e penso que falando sempre se pode chegar a acordos e lograr o consenso. Pero o que de verdade me gustaría e que esta sintonía se mantivese no futuro, sobre todo á hora de definir e elexir os proxectos paras presentar ao Leader, que deben de ter o respaldo sin fisuras de todos. É a única maneira de que fagamos forza e logremos o obxetivo da asociación.

-¿Prevé que pode haber dificultades neste eido?

-Espero que non. A zona que abarcamos ten realidades distintas. Nalgúns casos, por exemplo, a cuestión da dinamización turística está xa bastante encauzada e noutros aínda queda todo por facer. Nalgúns a realidade agrícola e forestal marcará as pautas. Penso que temos campos máis que suficientes como para plantexar moitas ideas de distintas áreas.

-¿O turismo vai ser a mellor arma para esta zona?

-Espero que non sexa a única, pero sí é certo que é unha das saídas claras e que nos permitirá cambiar a dinámica da poboación, algo moi complexo dado que o principal problema destes concellos é o avellentamento. A clave está en atraer xente nova, e pódese facer. Eu miro para o meu municipio, que é o que máis coñezo, e penso que aís que sorpresa o que si logramos recuperar a vella fábrica de luz coa escola obradoiro e si creamos un centro de interpretación, xunto cun albergue e unha cantina, estamos creando postos de traballo, que se poden sumar aos que xenere a propia residencia para maiores. Esto é un exemplo que de cómo se pode atraer a xente máis nova para traballar e ofrecerlles a posibilidade de quedar a vivir nestes municipios máis pequenos, aparte de por en valor o noso patrimonio cultural e etnográfico para atraer aos visitantes e turistas.

-Por certo ¿cómo vai a declaración de Ben de Interese Cultural para o mosteiro de Santa Cristina?

-Aínda estamos coa tramitación. solicitámolo hai unhos cinco meses e estamos ahora no pendientes do periodo de reclamación polas persoas presuntamente afectadas que poideran ter algún dereito sobre o inmoble, como parece.