Astrogalicia achega o ceo ós astrónomos

La Voz

OURENSE

05 ago 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Para os amantes da astronomía, Astrogalicia é un punto de encontro ineludible. Dositeo Veiga, xunto con outros compañeiros de distintos lugares da comunidade galega, contan xa os días para esta xuntanza, que terá lugar este fin de semana en Forcarei e por primeira vez en Galicia.

A actividades se fundamentan sobre todo na creación dun espazo no que os astrónomos poidan compartir coñecementos e experiencias.

O prato forte, por suposto, é a observación nocturna, pero por si o tempo falla ou, en calquera caso, para complementar coñecementos, Astrogalicia ofrece ós seus asistentes a posibilidade de ampliar o que xa sabe da man de recoñecidos profesionais deste campo científico.

«Teremos a José Luis Comellas, astrónomo afeccionado de grande experiencia, a Ángel Roldán, redactor xefe de Astronomía , a Ángel Huelmo, especialista en óptica astronómica e a moitos outros máis especialistas no campo da astronomía», segundo explica Dositeo Veiga, o único ourensán que participa na organización do evento científico.

Para todos os astrónomos afeccionados de Ourense aínda hai prazas, en concreto cincuenta. Para ter máis información sobre o programa de actividades e sobre as condicións da inscrición no evento hai un páxina web habilitada.

Trátase de www.astrogalicia.org , un punto de encon cos misterios das estrelas.