pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.ourense
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

«Na película vese que a industria da lousa e a ecoloxía poden convivir en Valdeorras»

entrevista | roberto porto | Actor de «Pradolongo»

Autor:
María Cobas
Fecha de publicación:

Unha selección no IES Lauro Olmo foi a porta de entrada de Roberto Porto (O Barco, 1979) no mundo da interpretación. O director petinés Ignacio Vilar buscaba caras novas para o seu proxecto. Porto e os seus amigos apuntáronse á proba, á que a piques estivo de non ir porque quedou durmido e chegou tarde. Pero entrou, e gustoulle a Vilar, tanto que foi un dos doce seleccionados para participar, durante seis meses, nunhas clases semanais de interpretación. De alí saíu cun papel protagonista en «Pradolongo», a película que esta noite (21.00 horas) se estrea no centro cultural Avenida de A Rúa.

-Sen experiencia previa nin antecedentes familiares.

-Nunca fixera teatro nin nada. Fun virxe de todo ás probas (ri). E tampouco teño antecedentes familiares.

-E a cousa foi ben, ¿ve no cine o seu futuro?

-Agora mesmo non o sei. Teño que acabar segundo de Bacharelato e despois terei todo o verán para pensar, pero probablemente faga algo relacionado co arte dramático, aínda que sei que é un mundo complicado.

-Antes, esta mesma noite, presentación de «Pradolongo, unha historia de amor en Valdeorras» en A Rúa, ¿nervioso polas críticas?

-Está claro que afecta todo o que poidan dicir do teu traballo, pero estou seguro de que o 99% da xente vai ir para apoiarme. Ademais, non todos os días se ve unha película rodada na zona, na que se ven paisaxes e lugares que eu non coñecía a pesares de que son de aquí. E seguro que lle vai pasar a moita xente da que vaia ver a película.

-Entre eles, a Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, ¿como valora a súa presenza?

-Supoño que é moi positivo de cara á estrea da película, pero o mellor é que a cinta lle guste á xente e que vaia vela ao cine. Iso é o que busca un director e un actor.

-¿A quen vai dirixida?

-É unha película para todo o mundo, desde xente nova ata maiores, porque toca moitos temas. Hai situacións nas que eu me podo identificar e outras nas que pode facelo meu pai ou miña avoa.

-¿Como lla presentarías a un amigo para que fora vela?

-Nárrase un verán que todos vivimos. Ese cos amigos de toda a vida no que xurde unha pelexa por unha rapaza. E despois toca problemas da ecoloxía e a lousa, que se dan en Valdeorras. Pero a cinta non deixa mal a lousa. Eu creo que ambas cousas poderían convivir perfectamente, tal como se ve na cinta; porque aínda que as louseiras danan o medio ambiente, están tratando de solucionar ese problema.

 

ENVIAR NOTICIA  

«Na película vese que a industria da lousa e a ecoloxía poden convivir en Valdeorras»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
«Na película vese que a  industria da lousa e a ecoloxía poden convivir en Valdeorras»
| lolita vázquez
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.ourense
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.ourense
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd