U nha blogueira escribiu unha carta a Sáenz de Santamaría poñéndoa verde por incorporarse ao traballo unha semana despois de parir. Acúsaa de afán de protagonismo, de non conciliar, e de poñer en perigo as 16 semanas de permiso de maternidad. Dille que o seu traballo non é tan importante como para abandonar a un recén nacido e de paso bótalle en cara ter cartos para pagar a quen se ocupe del.
Aínda que asegura que as súas críticas non se deben á ideoloxía política, é evidente que non comparte o ideario da vicepresidenta.
A carta, firmada por «unha nai de Alcorcón», está recibindo adhesións nas redes e coido que merece algunha puntualización.
A primeira é recordar que máis importante que o dereito ao permiso de maternidade é o dereito da muller a decidir libremente. Unha muller pode volver ao traballo cando a súa saúde e as súas circunstancias llo permiten, ou máis clariño aínda: cando lle da a realísima gana. ¡Só faltaría!
Segundo: ese ataque, máis que unha defensa das mulleres é consecuencia da idea machista que considera que a función fundamental dunha muller é a de ser nai e que a ela ten que subordinarse o resto da súa vida. O pai pode incorporarse ao seu traballo inmediatamente, pero a muller debe ocuparse do fillo. Pois é hora de que se vaian enterando de que, excepto para darlle de mamar, os homes poden coidar dos fillos co mesmo agarimo e habilidade que as mulleres.
Terceira: a carta reborda resentimento e encono. Non son bos sentimentos para xulgar a unha persoa. Cartas coma estas son as que provocan que a muller se sinta culpable cando elixe traballar en lugar de quedarse na casa. Son por tanto as que retrasan o principal avance social da muller, que é a liberdade.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios