pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

decotío : | M. Anxo Fernández Policíaco

Fecha de publicación:

C ando comezaba a armar a miña obra Lume de cobiza alá polo 2006, cumpríame traer de Los Ángeles ao experto funerario e necrófilo Sugar Jones, que anos atrás intentara roubar a Marilyn Monroe do seu nicho no Westwood Village Memorial Park en Un nicho para Marilyn. É un prea que ao tempo vén a ser o alter ego do propio Frank Soutelo, e ocorréuseme que podería vir a roubar o... Códice Calixtino. Faríao para unha organización especializada no tráfico de obxectos culturais singulares, e trocalo por unha valiosa arxila mesopotámica relativa ao culto dos mortos. Pero considerei que o lector rexeitaría a proposta ¡por inverosímil! O modus operandi foi moi semellante ao que onte se soubo: o ateo Sugar infíltrase como turista na praza do Obradoiro para visitar a catedral e localizar onde gardan o libro que finalmente desaparecerá. Non queda moi claro que fose o autor do roubo, pero Soutelo vaino considerar así para chantaxealo. Por medo a un escándalo, o Cabildo pasa de acudir á policía e recorre a unha axencia de detectives. Por desgraza, o libro nunca aparecerá... Como Lume de cobiza está a ser un pequeno (e feliz) acontecemento no zurrado panorama das nosas letras, a xornada de onte foi taquicárdica para quen lles escribe porque desde primeira hora comezaron a entrar chamadas, SMS e mensaxes no feisbú, de amigos sorprendidos pola coincidencia.

 

ENVIAR NOTICIA  

decotío Policíaco

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.