O humor negro de primeira hora asegura que, posiblemente, o códice estea agora mellor gardado que antes. O humor tenta pola vía abrasiva encher o baleiro ou calmar o desasosego que produce saber que perdemos o que non se podía perder. O Códice era unha peza de importantísima transcendencia pública en mans privadas. E quizais, antes de que a calma do verán despexe os titulares, haxa que repensar un sistema de conservación que está probado que falla: desde os santos das capelas ata os arquivos das catedrais. Haberá que buscar outros xeitos de custodia para as pezas valiosas. Porque aínda que as pezas sexan de propiedade privada (e sigan así) cando desaparecen, perdemos todos.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios