pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

soleira : Sobre certos medos

Fecha de publicación:

O meu vello amigo Ramón Lugrís, en carta ao director deste xornal, do día 2 deste mes, faise eco dun comentario meu sobre o medo ao federalismo, co que concorda, e, ademais, refírese a outros medos moi do noso tempo. ¿A que se debe, neste tempo noso, que haxa tantos medos?

Os nenos teñen medo porque non teñen unha idea clara do mundo, ou porque, neste, hai moitas cousas que non comprenden. Algo semellante ocorre na adolescencia, é dicir, cando a personalidade non está aínda feita. Pero, ¿que ocorre para que no noso tempo, e neste país, haxa tantos medos?

As explicacións seguro que poden ser diversas e, ao mellor, concorrentes. Eu poría en primeiro termo a notoria incultura cívica que padecemos en España. Incultura que xera medo ao descoñecido, que é case todo. A seguridade só a dá, para algúns, o que nos é coñecido de cada día.

Outros poden pensar que, ademais do anterior, sucede que non só é incultura cívica o que padecemos senón incultura xeral, que é o que eu penso. Incultura que aínda é subliñada e acentuada polo sistema a través de certos medios, por algúns partidos e por determinados intereses.

¿Será que o sistema xa nos converteu nunha sociedade infantil a forza de tanto recuar en moitas posibilidades intelectuais, unha sociedade que rende culto aos trebellos e non ás ideas e que, coas imaxes, se sente liberada de todo pensamento, das ideas e aínda do raciocinio? ¿Por que o noso mundo é dos expertos e non dos humanistas?

 

ENVIAR NOTICIA  

soleira Sobre certos medos

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

X. L. Franco Grande
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.