pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

tribuna : | Xosé María Torres Presidente da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento Acción humanitaria: ¿vale todo?

Fecha de publicación:

A recente liberación en Malí dos dous voluntarios cataláns secuestrados, Albert Vilalta e Roque Pascual, unha magnífica noticia, debe servir para reflexionar sobre o que se debe e o que non se debe facer en acción humanitaria. De feito, no sector das ONG houbo nestes meses un esforzo para evitar as críticas, que agora cómpre difundir para evitar futuros erros. Vexamos:

A acción humanitaria non debe servir para facer de Indiana Jones, vestir chalecos multipetos e coñecer paisaxes exóticas. ¿Non será mellor ir ao cine?

Tampouco debe servir para enviar o que nos sobra (produción agrícola excedentaria, autobuses fóra de uso, etcétera.) Enviemos só o que se nos pide, pero despois de analizar pros e contras, que sempre os hai. ¿Sabemos que nas alfándegas nos cobrarán por introducir mercancías no país?

As iniciativas non deben valer para lavar as nosas conciencias: temos catro camisetas e dous pantalóns de hai varios anos en bo estado, pero que non son da moda actual. ¿Que facemos? ¿Enviámolas a África e rompemos o mercado de pequenas produtoras téxtiles? ¡Non! Tíraas ao lixo e aguanta a túa mala conciencia por vivir nunha sociedade de hiperconsumo!

Comprar localmente. Se compramos en Dakar estimulamos o comercio local. ¿Acaso non hai empresas comercializadoras en Senegal? Non se necesita montar un operativo con camións desde Barcelona, recorrer 5.000 kilómetros, gastar combustible, alimentos, bebidas, etcétera, para varias semanas. ¡Ah! Pero que ben se pasa, ¿verdade?

Se o que se necesita non o hai alí, ¿non podemos usar unha empresa de transporte? Salvo situacións de guerra, existen en calquera país aínda que nos pareza imposible.

Canalizar as inquedanzas dos voluntarios das ONG é un dos problemas máis difíciles de resolver en calquera ONG, como nos recordan persoas expertas en acción humanitaria. Pero antes de organizar un raid africano, hai outras cousas: participar en charlas, campañas de recadación, escribir cartas (é o modelo, exitoso por certo, dalgunhas ONG), etcétera. Pero claro? é menos excitante. Os que pensan así, ¿por que non vos dedicades ao barranquismo?

Por último, os expertos coinciden, con base en estudos acreditados, que salvo en situacións de emerxencia como conflitos ou desastres naturais, é mellor impulsar proxectos de desenvolvemento a medio e longo prazo en lugar de envíos de acción humanitaria. Será máis efectivo... aínda que sexa menos bonito.

 

ENVIAR NOTICIA  

tribuna Acción humanitaria: ¿vale todo?

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 
Autor de la imagen: BARCIA
 
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.