pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

a voo de tecla : Soporífero «Caim»

Fecha de publicación:

Dous premios Nobel de Literatura ibéricos mostran elementos vitais e produtivos semellantes.

Don Camilo de Madrid (Padrón foille anécdota) escribiu a penas un par de libros magníficos, loou o castelán e desprezou o galego; e casou xa ancián con moza inclinada ao comercio. Son moitos os críticos que se preguntan de que xeito acadaría tan nobre galardón o madrileño, autor de escasa obra válida; e como, xa senil, non tivo quen lle impedise publicar futilidades que o denigran.

Don José de Lisboa (a aldea ribatexana tampouco importa) tivo entrada gloriosa no mundo das Letras, adoraba o castelán e menosprezaba o galego. Tamén casou con moza negociante (de mal oído: «Es que los gallegos habláis portugués mal hablao ») e tiña moito crítico a se preguntar como puido chegar tan lonxe mentres os seus textos decaían ata se converteren nunha mazada.

Erasmo de Roterdam deixa claro en Eloxio da loucura que os vellos perden o sentidiño e acaban sendo coma nenos. Por iso é deber das familias (en concreto, das esposas beneficiarias) o reteren os anciáns como retiveran os fillos meniños. Daquela sorprende que a dama andaluza lle permitise a don José -canario honorario- dar ao prelo algo coma Caim . O texto derradeiro enfurece os crentes en Deus e fai traballar crentes e ateos no intento de colocaren os signos convencionais da escrita levados polo demo. Colocados, logo perciben unha divagación sen xeito nin graza, soporífera: vacina recomendable contra as vaidades diabólicas dun terreal galardón.

 

ENVIAR NOTICIA  

a voo de tecla Soporífero «Caim»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

Xavier Alcalá
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.