pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

tribuna : | Senén Barro Ameneiro Reitor en funcións da Universidade de Santiago Innovación, ¿sen I+D?

Fecha de publicación:

Vivimos momentos de crise global, acentuada dun modo certamente desacougante no conxunto do Estado e tamén en Galicia. Ante esta situación escóitase un discurso cada vez máis intenso que aposta pola formación e a innovación como unha das receitas a aplicar para saír antes e mellor da crise e contribuír ao establecemento dun novo modelo produtivo. Os discursos responden a evidencias cada vez máis incontestables. Así, un recente estudo do Ministerio de Ciencia e Innovación pon de manifesto que as pequenas e medianas empresas innovadoras incrementan, respecto ás que non o son, un 16 por cento a súa produtividade e un 18 por cento as exportacións.

A innovación é a aplicación de novas ideas, conceptos, produtos, servizos e prácticas coa intención de ser útiles para o incremento da produtividade. Evidentemente non se trata só de inventar algo, senón de facer o comercialmente demandado. A innovación rompedora, que supón avances máis radicais e máis rendibles tanto social como economicamente, susténtase na investigación e o desenvolvemento, a I+D.

Menos interese e rendibilidade presentan normalmente as innovacións que se derivan de simples modificacións realizadas na práctica do traballo, por intercambios e combinacións de experiencia profesional, etcétera. En xeral as innovacións máis relevantes son documentadas e protexidas mediante patentes ou outro esquema de propiedade intelectual. De feito, segundo Michael Porter, o nivel de innovación dunha rexión pode estimarse a partir das patentes xeradas, e a cifra no 2008 en Galicia sitúase en só 176, sendo o obxectivo do noso Goberno aumentala a 200 no 2014, o que non parece un gran avance.

As Administracións públicas teñen que engraxar e ata desenvolver os mecanismos que permitan pasar da I+D á innovación, a novos produtos, servizos... As universidades tamén, e nese camiño estamos. A Universidade de Santiago foi no 2008 quinta en facturación por contratos de I+D no Estado (Informe Rede OTRI, 2008); cuarta por solicitudes de patentes PCT (de carácter universal, segundo os acordos recollidos no Tratado de Cooperación en materia de Patentes ou Patent Cooperation Treaty ) na Oficina Española de Patentes e Marcas (Informe Fundación CyD, 2008); e primeira en canto a ingresos por royalties (Informe Rede OTRI, 2008).

Resulta preocupante que haxa quen pensa que se pode apostar pola innovación sen pasar pola investigación. Eu a este tipo de estratexias chámolles «innovación do chupa-chups». Efectivamente, alguén pode ter de pronto a boa ocorrencia de poñerlle un pau a un caramelo e facer diso unha multinacional. Pero, por unha parte, esas son ideas felices que, aínda que útiles e de interese, son en xeral de carácter básico e con escaso soporte tecnolóxico e coñecemento implícito; por outra, ademais de ser casos contados que xorden de forma espontánea, non son nin moito menos a innovación cun maior valor engadido.

O chupa-chups e o futbolín xa foron inventados, e aínda que este o inventase un galego, pouca riqueza nos deu.

 

ENVIAR NOTICIA  

tribuna Innovación, ¿sen I+D?

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.