pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

páxinas soltas : Funcionarios

Fecha de publicación:

Fronte aos insistentes rumores dunha conxelación salarial dos funcionarios, que algúns ven non só conveniente senón xusta, hai que facer algunhas puntualizacións. A primeira é obvia, pero con frecuencia esquécese: os letrados do Consello de Estado, os maxistrados, notarios, rexistradores, catedráticos de universidade... son só unha minoría, a puntiña dunha gran pirámide social formada por xentes que ou son mileuristas ou xuntando dous salarios e facendo economías conseguen con dificultade sacar adiante unha familia.

A segunda é que estes privilexiados que conseguiron unha seguridade a base de esforzo e sacrificios (oposicións incluídas) son aqueles pringaos dos anos das vacas gordas nos que as estradas se encheron de BMW e os abrigos de visión deixaron de ser un signo de identidade da burguesía acomodada. Os mesmos que viron desprezado o seu traballo, modestamente pagado, por rapaces que só soñaban con deixar os libros para integrarse na sociedade do ladrillo, o cochazo, o chalé e as vacacións no Caribe.

Os funcionarios foron un dos poucos colectivos que non se beneficiou do negocio da construción, ben ao contrario. Todo se encareceu e perderon poder adquisitivo. Naqueles anos conseguir que un carpinteiro, un pintor, un fontaneiro, un electricista, un simple peón de albanel fose a unha casa para unha pequena obra era algo que se pagaba a prezo de ouro e que ademais había que agradecer como un favor.

Nin provocaron a crise nin sacaron proveito da situación que levou a ela. Que non digan que é xusto conxelarnos o soldo, ¡contra!

 

ENVIAR NOTICIA  

páxinas soltas Funcionarios

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

Marina Mayoral
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.