Xa non sei se o difícil é que a ficción supere á realidade, ou que a realidade sexa máis incrible que a ficción. ¿Ata que punto chegamos a vivir unha realidade virtual? Estas dúas palabras, que fan referencia a mundos diametralmente opostos, están separadas por unha fina liña que ás veces é difícil discernir cándo se reborda. Non podo crer o que leo. Unha xove parella surcoreana estaba tan enganchada a un xogo de Internet no que o seu cometido era coidar a un recén nacido virtual, que esqueceron por completo a súa filla real, permitindo que esta morrese de inanición. Claramente, neste caso a ficción superou á realidade sen deixar lugar ás dúbidas. Cando un está desempregado, a situación chega a converterse en desesperante, buscando consolo e desafogo en diversas actividades. O caso é ter algo que facer, sentirse útil. Os pais da cativa non tiñan emprego, e pasaban longas horas en Internet. Resulta curioso que o xogo que os facía sentir útiles tiña o mesmo cometido que eles mesmos: coidar da filla. Non sei como se deu a situación de considerar máis importante o seu bebé virtual que o real, ata chegar ao punto de alimentala exclusivamente unha vez de cada xornada diaria, deixándoa soa mentres saían a un café-Internet, onde pasaban varias horas ao día. Nunha destas, ao chegar a casa, a realidade volveu imporse á ficción. O abandono da meniña provocoulle a morte. Os feitos reais eran os que contaban, esta vez de xeito cruel e definitivo. Nesta existencia non houbo volta atrás. Resulta imposible recuperar unha vida que xa se perdeu. As dependencias fóra de control apodéranse da liberdade.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios