pub
LVDG_PUBLICIDAD:megabanner:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD:pastilla_superior:sec.opinion
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

pingas de cristal : Unha de necesidades

Fecha de publicación:

Este ano o entroido vai ser máis necesario ca nunca. Non o digo de brincadeira, senón con coñecemento de causa. É o ano da crise, os meses máis duros, polo de agora, da situación social. ¿A que parado non lle dan ganas, despois de que pasen xa uns días nesa situación, de agocharse onde sexa? Ou cando menos, pasar desapercibido, converterse noutro e pensar que isto non lle está a ocorrer a el. Os máis fortes teñen a forza suficiente para poñer o espertador cada día, como se houbese mil cousas que facer no transcurso das horas desa xornada. Incluso hai quen se supera a si mesmo con intensidade e fai deporte, por aquilo de intentar cumprir co de mens sana in corpore sano. Pero? o de mens sana ? É complexo.

Nun principio, un pensa que merece un descanso, que uns días de relax van sentar perfectamente, ocupándoos con libros, paseos, cafés? Pero logo un séntese mal, porque non hai nin con quen tomar un café ata a fin de semana; os demais traballan.

Comeza a busca de faena, que axiña se volve unha obsesión. Pasan semanas. Non aparece nada, e pérdese a confianza nun mesmo. É inevitable non pensar: ¡Estou só! Cadaquén intenta reorientar a súa carreira sacando recursos de onde non os hai. Hai valores, pero dubídase de que se posúen. ¿Como potencialos? ¿E onde? Porque... xa nin sequera se fan entrevistas.

¿Como fuxir desta espiral que nos absorbe na desolación? Un bo día para botar un pé na rúa pode ser o sábado de entroido. Pensemos que somos outro, que somos diferentes, e fagámonos, por un intre, donos da rúa.

 

ENVIAR NOTICIA  

pingas de cristal Unha de necesidades

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

María Canosa
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.opinion
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.