pub
LVDG_PUBLICIDAD:pastilla_superior:sec.opinion
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

liña aberta : | José Antonio Gómez Gómez e Xosé Manuel Sánchez Aguión José Antonio Gómez Gómez é secretario xeral de UGT-Galicia e Xosé Manuel Sánchez Aguión é secretario xeral do sindicato nacional de CC.??OO. de Galicia Carta aberta ao presidente da Xunta de Galicia

Fecha de publicación:

Señor presidente: Queremos propoñerlle algunhas sinxelas reflexións ao fío da mobilización que hoxe está acontecendo no ámbito do ensino público en Galicia. ¿Como chegamos a isto, señor presidente?

Coa súa proposta de decreto de ensino plurilingüe, coa súa actitude que pretende aparentar vontade de diálogo pero que na práctica despreza as opinións discordantes, acadou un importante consenso ... en contra.

Vostede debe gobernar respectando os dereitos especialmente sensibles para a cidadanía galega.

As regras da democracia son algo máis que regras estritamente aritméticas, e abranguen tamén o conxunto de valores que favorecen a boa convivencia e o progreso.

Pretender a golpe de decretazo poñer patas para riba os fráxiles equilibrios tecidos en torno ao consenso do Plano de Normalización Lingüística do 2004, respecto dos equilibrios no ensino das dúas linguas oficiais de Galicia, é unha perfecta declaración de hostilidade.

A lingua é un patrimonio inmaterial que transcende ideoloxías e organizacións, é un patrimonio colectivo que ninguén debería intentar privatizar nin convertelo en dispoñible. Ao contrario, os poderes públicos teñen obrigas claras de promoción, protección e garantía do dereito ao uso.

A tentación fácil de situarnos a todos os que coincidimos no rexeitamento do fondo -pero tamén das formas- no mundo do radicalismo, non será unha boa axuda para reconducir a situación, como tampouco responde a realidades obxectivas. As organizacións que representamos seguirán a traballar para propiciar fórmulas de encontro, que garantan a volta á cordura nunha materia na que nunca debeu perderse.

De entrada, algunhas cousas parécennos bastante claras. Por unha banda, mesturar a aprendizaxe dunha lingua estranxeira en relación coas linguas oficiais é, como mínimo, imprudente. Pretender trasladar o conflito ás aulas baixo a falacia do dereito dos pais e nais a escoller é abdicar das responsabilidades propias e introducir elementos de conflito de dimensión dificilmente avaliable.

Por último, rachar irresponsablemente con situacións de consenso coa falacia de procurar un novo acordo en torno ás posicións propias e con elementos perturbadores suxire unha estratexia de alimentación de posicións extremas, seguramente para que perdure no tempo a modo de distracción para afastarnos dos verdadeiros problemas económicos, sociais e laborais de Galicia.

Mañá a vida segue e os vieiros polos que decorra dependerán da amplitude de miras de todos, pero sobre todo da súa, señor presidente. Súa é a responsabilidade.

 

ENVIAR NOTICIA  

liña aberta Carta aberta ao presidente da Xunta de Galicia

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.opinion
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.