pub
LVDG_PUBLICIDAD:pastilla_superior:sec.opinion
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

el equilibrista : Silencio académico

Fecha de publicación:

A presunción de intelixencia, rigor, disciplina e apertura intelectual debera ir unida de modo intrínseco aos membros da Real Academia Galega. Por tal motivo, un non entende tanto silencio na sucesión de X. R. Barreiro á fronte da mesma. Un segredo mistérico envolve o proceso previo. Ata o de agora só coñecemos que Méndez Ferrín, a través de epístola, se postula para o cargo. O resto, como no Hamlet , é silencio. Hai dous días o actual presidente afirmaba que era posible que aparecesen outras candidaturas, pero nada sabemos. Tamén descoñecemos, algúns, cales foron os grandes logros de Barreiro durante a súa presidencia. Pregúntome: ¿posuímos un dicionario máis completo que o anterior, certamente insuficiente? ¿O edificio da rúa Tabernas é lugar acorde para tan alta institución? ¿Intentouse unir aos discrepantes, en pleno exercicio democrático, ou os intentos de consenso foron mínimos? Tamén a algúns non nos agradou que nun acto público Barreiro recriminase a actitude da Xunta con respecto ao idioma (algo que o novo académico Manuel Rivas cualificou como «histórico»), porque consideramos que as boas maneiras son virtudes propias de quen preside a RAG e que tales asuntos deben defenderse de modo máis elegante e práctico; é dicir, unha cousa son as intencións políticas e outras as verdadeiramente propiciadoras de progreso. E apuntado todo o anterior, un desexaría que os académicos se pronunciasen e non elevasen o silencio a categoría ontolóxica. Así a intelixencia estaría ao servizo de Galicia e da lingua de Nós; non do contubernio e da cábala. Dixen.

 

ENVIAR NOTICIA  

el equilibrista Silencio académico

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

Xosé Carlos Caneiro
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.opinion
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.