pub
LVDG_PUBLICIDAD:pastilla_superior:sec.opinion
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

VEnto nas velaS : O libro galego no ciberespazo

Fecha de publicación:

Osociólogo??norteamericano Neil Postmann, discípulo de McLuhan, especialista en ecoloxía da comunicación, gustaba de repetir unha idea que non é a primeira vez que traio a estas mareas: cada cultura, cada sociedade está obrigada a pactar historicamente coa tecnoloxía do seu tempo, e quen non pacta está morto. Pasou co alfabeto, pasou coa imprenta de tipos móbiles a finais do século XV (Gutenberg), pasou ou sucede cos medios de comunicacións de masas (radio e televisión) e pasará coa tecnoloxía dixital, que avanza a velocidade vertixinosa, se a comparamos con outros ritmos históricos. Os amigos do libro galego reunímonos estes días na sede do Consello da Cultura Galega, convocados pola AGE, para falar dos novos horizontes do libro, esa transición necesaria (e inevitable) do analóxico ao dixital, ou dito doutra maneira: do libro físico impreso en papel, tal coma o coñecemos, a outras formas de fixación, transporte e lectura que xa están aquí: o chamado libro ou edición dixital ( e-book ), tamén edición electrónica. Algunhas empresas privadas presentamos estes días as primeiras ofertas comerciais neste formato (descargas dixitais dende a Rede) e dende hai tempo institucións coma o Consello da Cultura Galega, a Universidade da Coruña (Biblioteca Virtual Galega) ou a Asociación de Tradutores en Lingua Galega e a Universidade de Vigo (Bivir) veñen amosando catálogos de obras clásicas e contemporáneas, traducións de literatura universal, estudos e informes varios aos que se pode acceder gratuitamente a través da Rede. Unha nova realidade.

Hai algo máis de dez anos, na Feira de Frankfurt non se falaba doutra cousa: os novos soportes de lectura ( e-reader ) empezan a substituír o libro clásico, supostamente máis cómodos, máis áxiles, con moita máis capacidade para conservar textos, e máis económicos. Están por demostrar algunhas destas consideracións, que se repiten ás veces con demasiada lixeireza, empezando polos ritmos da suposta substitución: novas xeracións (nativos dixitais) afeitas á lectura nestes novos artefactos. O papiro conviviu co pergamiño durante séculos. O manuscrito conviviu co libro impreso durante case trescentos anos. O cine non enterrou o teatro, nin a televisión matou o cine (ao contrario). Mais todo se transforma, esta é a realidade, e quen non pacta coa nova tecnoloxía, tal que nos advertía Postmann, está morto.

O libro, a lingua e a cultura galega non son arqueoloxía, nin unha realidade marxinal, como parece que quixeran algúns. Formamos parte do primeiro mundo. Estes son os desafíos, a marabillosa aventura de estar vivos, diría eu. Fenómenos como a blogosfera (tamén chamada entre nós blogomillo) ou a vitalidade cultural na Rede, que debemos considerar en termos relativos, non absolutos, co protagonismo desacomplexado das xeracións que agora andan na fronteira dos trinta anos, dan conta dunha vitalidade que ben xestionada, contemplada con intelixencia dende a necesaria política cultural, constitúe unha nova aposta pola esperanza.

 

ENVIAR NOTICIA  

VEnto nas velaS O libro galego no ciberespazo

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

Víctor F. Freixanes
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.opinion
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.