pub
LVDG_PUBLICIDAD:pastilla_superior:sec.opinion
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

VENTO NAS VELAS : Estamos a tempo

Fecha de publicación:

Non era trola, nin arrouto irresponsable, o dato que apuntei nestas páxinas hai un par de semanas tocante á competencia en lingua galega dos alumnos e alumnas (bastantes máis alumnas ca alumnos, debo dicilo) da miña clase na facultade de Ciencias da Comunicación, licenciatura de Audiovisual, na Universidade de Santiago de Compostela: de 46 matriculados, todos agás tres se expresaron espontaneamente en galego nunha proba escrita o primeiro día de curso, a xeito de presentación. Un dato para enxergar o futuro, escribín daquela. Algún compañeiro repróchame o exceso de optimismo.

O profesor Henrique Monteagudo vén de recoller nun recente ensaio algúns outros datos da vitalidade do galego, comentando o resultado da enquisa entre as familias elaborada no 2003 polo Instituto Galego de Estatística. Segundo estas cuantificacións non só o galego segue a ser a lingua de uso máis común no país (61,32% da poboación, contando os que a utilizan en exclusiva, 42,85%, e os que a usan de xeito maioritario) senón que a tendencia obxectiva ao devalo que se viña producindo nos últimos anos, tendencia que en absoluto negamos, amosa unha certa deriva cara á estabilidade precisamente nos segmentos de poboación máis nova (menores de 16 anos), poboación que, ao contrario que os seus pais e os seus avós, accedeu ao galego, na casa e na escola, nunha realidade social distinta.

Volvendo á miña exploración informal na aula. Dos 46 alumnos presentes, 18 declaraban ter o galego como lingua primeira nas súas familias; 11 declaraban ter o castelán, e o resto (17) dicían que indistintamente as dúas. ¿Que quere dicir as dúas? Que nalgúns casos o pai falaba galego e a nai en castelán ou, cando viven con eles os avós, ás veces son os avós quen introducen familiarmente o galego. Pero todos eran bilingües grazas á escola (unha gran maioría con coñecementos bastante espelidos dun terceiro idioma), máis da metade proceden da Galicia urbana, e todos están en condicións de se expresar de xeito culto en ambas as dúas linguas.

¿Onde quero ir parar? Pois a que hai puntos de referencia, balizas para a navegación ás que debemos acollernos para conxugar o futuro. Hai bazas, actitudes certamente positivas, sobre todo nas novas xeracións, non intoxicadas polo prexuízo histórico dos seus predecesores, que cómpre saber valorar (e xestionar), no canto de instalarnos na fatalidade ou no cataclismo. O idioma séntese vivo, activo, moderno, competitivo; convive cos novos tempos e quere se facer un sitio na contemporaneidade, sen excluír nin outras linguas nin outros coñecementos. Tal é a lección (a esperanza) que os mozos nos dan, ou a que o que escribe quixera tirar da comentada experiencia. Responsabilidade nosa, moi especialmente dos nosos gobernantes, mais tamén da sociedade civil (empresarios, asociacións, organizacións sindicais e profesionais, universidades) é construír un marco de uso e desenvolvemento natural, equilibrador, igualitario, para que ese gromo veña arriba e non esmoreza.

 

ENVIAR NOTICIA  

VENTO NAS VELAS Estamos a tempo

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

Víctor F. Freixanes
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.opinion
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.