pub
LVDG_PUBLICIDAD:pastilla_superior:sec.opinion
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

CRÓNICAS INCONFORMISTAS : Colonización de Galiza

Fecha de publicación:

Émáis importante evitar a colonización da nosa terra que romper a cabeza con iso da fala, que se galego, castelán ou inglés. Hoxe temos que evitar a colonización do noso sistema financeiro. Viron que as caixas galegas funcionan ben e se propuxeron ir a por elas. Elas xa son consecuencia de unificacións con outras caixas. Reuniron un gran patrimonio con moitos e importantes centros de estudo e investigación, de difusión e de arte. E funcionan ben, unha caixa no norte e outra no sur.

Fállanos un bo proxecto de desenvolvemento das zonas de Galiza que se foron despoboando, mais non un proxecto feito nun despacho cos datos que xa temos, senón pateando a realidade. Se isto existira, Galiza non tiña por que ter paro algún e, pola contra, poderiamos ter grandes producións para cubrir as nosas necesidades e pode que as alleas.

Certo que chegamos un pouco tarde e é significativo que a partir do ano 36 é cando empeza o problema. Os poderosos de entón danlle razón a Castelao sobre a explotación da repoboación dos montes para producir papel e así os puxeron a traballar, montando unha factoría contaminante na mesma Pontevedra con capitais alleos e só para producir celulosa, non papel. Axiña empezou a explotación dos nosos ríos para producir enerxía eléctrica e pronto comezaron os capitalistas alleos a meterse na empresa e hoxe é toda ela de capital foráneo. Nós tiñamos poucos coñecementos técnicos, e poucos mecánicos e como non sabíamos facer vehículos viñeron os de fóra a se implantar acó disfrutando dun magnífico porto e os terreos necesarios para a súa explotación.

De Galiza sae a maior cantidade de aluminio que se produce en Europa, mais o capital é americano. ¿Por que foi para a costa norte de Galiza? Primeiro constituíron unha sociedade chamada Aluminios de Vilagarcía, S.?A. que pensaban montala na cabeceira da ría de Arousa. Entón andaba polos medios internacionais, con proxeccións, o problema dos lodos rojos producidos pola bauxita como materia prima do aluminio. O problema de Grecia no fondo do Mediterráneo era espectacular e lamentable pola destrución que producía nunha gran extensión do mar. Na ría de Arousa vivían 50.000 persoas que sustentaban a riqueza da ría e dixeron «¡Non!» os habitantes da ría, e a pesar da importancia dos personaxes que compoñían a S.?A. tiveron que renunciar a instalarse na ría de Arousa. Buscaron un lugar da costa galega onde non houbese actividade. E o certo é que de Viveiro a Ribadeo non había ren. So existía entón a planta circular de Sargadelos, ben separada da costa. A nós non nos afectaba ren, mais querían que se soubese a nosa conformidade indirecta, e nos encargaron uns grandes letreiros nos nosos materiais co anuncio da planta naqueles terreos. Menos mal que ao pouco tempo conseguiuse tecnicamente que os lodos rojos perdesen importancia ao conseguir unha técnica para lavalos e almacenalos a ceo aberto. Isto e outras cousas forman parte do cerco colonizador de Galiza na que nin o vento é noso, absorbido polos xeneradores aeroeléctricos.

Isto é o máis importante para nós, máis que os problemas das linguas: galego, castelán ou inglés; é como se lle preguntan aos nenos ou aos pais se prefiren as matemáticas ou a arqueoloxía. Recordemos a oposición ao galego polo réxime franquista. Cando o réxime caeu, o galego, o catalán e o eusquera non fixeron máis que revivir con máis forza. O das linguas non é unha invención. É un proceso natural que dou razón a un pobo e revive logo de ser pisoteado durante séculos. Hai condicións no noso tempo para que reviva a autenticidade das cousas.

 

ENVIAR NOTICIA  

CRÓNICAS INCONFORMISTAS Colonización de Galiza

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

Isaac Díaz Pardo
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.opinion
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.