pub
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.opinion
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

escrito en cafeterías : Irán, ¿unha revolución Twitter?

Fecha de publicación:

Se un mira estes días as televisións atopará incontables referencias ao uso de Twitter e Facebook por parte da oposición iraniana. Estas son dúas ferramentas de Internet que serven para mandarse mensaxes e que, polo que nos contan, estarían a ser esenciais na organización das protestas. Enténdese por que esta información gusta tanto aos medios: permítelles evitar algo que coñecen mal (a política iraniana) e falar de algo que lles resulta máis familiar (Internet); converte unha cuestión complexa nunha simple batalla entre atraso e modernidade, entre vellos e novos, escurantismo e novas tecnoloxías. Escurantismo en Irán haino abondo, pero, ¿de verdade que Internet xoga un papel tan importante?

Vexamos os números. Menos do 35% dos iranianos teñen acceso á Rede e, segundo un grupo de expertos canadenses citados pola revista Businessweek, non hai en todo o país moitos máis de oito mil usuarios de Twitter. De feito, case que todo o tráfico na Rede acerca da crise iraniana ocorre fóra de Irán. Canto a Facebook e súa importancia na campaña electoral, abonda con comprobar que o perfil do candidato reformista Musavi non reuniu aínda 70.000 seguidores (non todos iranianos). Poucos parecen para tanto manifestante. Claro está que Twitter e Facebook son fenómenos recentes e están en plena expansión. Esta publicidade «positiva» está intelixentemente cultivada polos seus encargados de márketing, aos que hai que recoñecerlles que saben como facer que os anuncien gratis.

¿E non é certo, logo, que están os aiatolás desesperados bloqueando Internet? Bloquearon algúns servidores e, de poder, habíanos bloquear todos, pero máis ben parece que o que pasa é que as liñas de teléfono (e polo tanto, tamén Internet) están saturadas pola demanda, o que explica que ás veces funcionen e ás veces non. Porque o que si que está a ser crucial para transmitir información en Irán é o vello e entrañable teléfono fixo, ese aparello en vías de extinción, tan pouco sexy para as noticias. «Revolución de Alexander Graham Bell» si, «revolución Twitter», non tanto. Unha revolta política non é un botellón, e os que están na rúa xogándose o cárcere saben que non hai nada como o boca a boca que tan ben funcionou na Revolución Francesa. Mellor que pasar horas diante do ordenador lendo o blog dunha rapaza reformista de Teherán, e que logo encima resulta ser un señor gordo que se aburre en Ohio.

 

ENVIAR NOTICIA  

escrito en cafeterías Irán, ¿unha revolución Twitter?

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

Miguel-Anxo Murado
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.opinion
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.