pub
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.opinion
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

de cotío : | Xosé Antón Fraga Director dos Museos Científicos Coruñeses (=mc2) O aliado antidarwinista de Darwin

Fecha de publicación:

Nos últimos anos da súa vida, o vicealmirante Robert FitzRoy (1805-1865) frustrábase máis cada vez que pensaba no papel que tivera na construción da teoría da evolución biolóxica.

Lembraba con tristeza o momento no que, como capitán do Beagle, seleccionou a aquel mozo naturalista, Charles Darwin, como «agradable compañía» na longa viaxe arredor do mundo. E lamentaba amargamente non ter seguido a súa intuición inicial, cando ao coñecelo pensara en rexeitalo porque a forma do seu nariz indicaba unha «carencia de carácter».

Anos despois, publicada A orixe das especies, o revolucionario libro de Darwin, o conservador FitzRoy, obsesionado polo estrito respecto ao relato bíblico, referíase ao grande naturalista como «unha víbora entre nós».

Pero a involuntaria axuda do vicealmirante a erguer a teoría que cuestionaba o seu universo intelectual tivo aínda máis amplitude e transcendencia. Unha importante parada da viaxe do Beagle transcorreu nas illas Galápagos, onde Darwin puido observar aos pimpíns (pinzones, en castelán). Hoxe en día é un lugar común que ver alí máis dunha ducia de especies de pimpíns, todas diferentes e todas similares, foi relevante para a comprensión da evolución polo naturalista británico.

Mais a realidade esixe matizacións. Nas Galápagos, Darwin recolleu algúns pimpíns, pero non reparou neles de xeito especial. Foron outros paxaros, os sinsontes, os que lle asubiaron a idea da evolución das especies a partir de antepasados comúns. Pero nunha inxustiza da historia, os sinsontes permanecen marxinados dos focos da fama.

De feito, foi de volta en Londres cando o ornitólogo John Gould, ao revisar as coleccións da expedición, observou as diferentes formas dos pimpíns das Galápagos e como estas se relacionaban coas distintas illas e cos exemplares presentes no continente. E foi Gould quen avisou a Darwin, permitíndolle avanzar na súa explicación evolutiva.

O que resulta máis interesante para esta historia é que Gould non puido traballar coa colección de Darwin, pois estaba mal confeccionada. Tivo que botar man doutra, levada a cabo con toda precisión. ¿Quen elaborou esa recolleita e, deste xeito, veu contribuír a definir a proposta evolutiva? Si, como algúns estarán imaxinando, ese valioso colaborador non foi outro que? ¡FitzRoy!

E non nos debe sorprender ese rigor científico na persoa do vicealmirante. De feito realizou importantes contribucións á meteoroloxía, que chegaron ás aulas galegas, da man de Benito Sotelo, antes que o propio libro de Darwin.

A evolución, á luz da selección natural, entende a natureza como un camiño de incertezas. A historia de FitzRoy e Darwin refrenda, desde os paradoxos, a presenza dese azar e dos resultados inesperados.

 

ENVIAR NOTICIA  

de cotío O aliado antidarwinista de Darwin

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 
Autor de la imagen: PILAR CANICOBA
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.opinion
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.