pub
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.opinion
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

VENTO NAS VELAS : Cincuenta anos con «A esmorga»

Fecha de publicación:

O3 de abril de 1959 saía do prelo da editorial Citania, en Buenos Aires, a primeira novela en lingua galega de Eduardo Blanco Amor. A primeira novela completa, quero dicir, pois en 1926 o autor adiantara na revista Nós uns primeiros capítulos de A escaleira de Xacob , obra que nunca chegou rematar ou cando menos nunca chegou a publicar enteira. A esmorga é o primeiro gran título en galego do novelista, seguido logo de Os biosbardos (1962) e Xente ao lonxe (1972).

A novela xa estaba escrita en 1956, segundo ten contado Isaac Díaz Pardo nestas mesmas páxinas. El foi quen trouxo o orixinal dende América e quen llo entregou a Francisco Fernández del Riego na editorial Galaxia. Mais a censura impediu a súa publicación e o mesmo Isaac regresou a Buenos Aires coa mala noticia. Daquela a Asociación Galega de Universitarios Escritores e Artistas (Aguea), que puxera a andar a editorial Citania baixo a dirección de Luis Seoane, determinou asumir a edición da obra, alicerce fundamental (case diría que fundacional) da narrativa galega contemporánea.

O ano 1959, malia as circunstancias, non foi unha mala colleita. Buenos Aires eran entón a capital da cultura galega. Nesa mesma data, Emilio Pita publica Os relembros , Luis Seoane o seu libro de poemas As cicatrices e mais unha obra teatral en castelán El irlandés astrólogo , o propio Seoane e Blanco Amor tiran do prelo en Ediciones Galicia (unha das moitas marcas editoriais da colectividade) a Obra completa de Ramón Cabanillas, cunha «nota do colector» que son as siglas de Fernández del Riego. Certo que tamén nese ano deixa de saír Galicia emigrante , a magnífica revista de Seoane en Buenos Aires, mais aparece en México Vieiros , da man de Carlos Velo e Delgado Gurriarán. E en Galicia, que temesiñamente alentaba, edítase Sombra do aire na herba de Luis Pimentel. Non foi ano cativo.

Mais eu intento imaxinar a Blanco Amor só, na inmensa Buenos Aires, con case 60 anos, escribindo a súa primeira novela en galego. O mesmo Blanco Amor que tiña abertas as páxinas da prensa máis prestixiosa da época, as aulas das universidades como profesor invitado, os despachos das chancelerías e da alta política, dende Chile a Venezuela, premiado en foros moi diversos, compañeiro de escritores e intelectuais americanos e españois (exiliados); intento imaxinalo, digo, só no seu apartamento porteño remexendo na memoria, exorcizando pantasmas, loitando coa lingua (as vellas palabras da tribo) para ser el mesmo. Díxomo así nas conversas da cafetería Goya, en Vigo, moitos anos despois: «Era unha voz interior, necesitaba rencontrarme a min mesmo». Buenos Aires era unha grandiosa embocadura á que chegaran paisanos de todas partes: do Val Miñor, do Ribeiro, da Terra Chá, das Mariñas, cada quen coa súa fala, co seu pedazo de corazón nas palabras, «e eu ía xuntándoas todas, construíndo ou reinventando o idioma, que sentía crecer dentro de min, como unha montaña».

 

ENVIAR NOTICIA  

VENTO NAS VELAS Cincuenta anos con «A esmorga»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

Víctor F. Freixanes
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.opinion
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.