pub
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.opinion
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

tribuna : | Senén Barro Reitor da Universidade de Santiago de Compostela De Citroën a máis facultades de Medicina

Fecha de publicación:

Hai uns días publicábase a mala nova de que «Citroën advirte de que na factoría de Vigo sobran 500 traballadores fixos». Recollíase así o anuncio da dirección da multinacional Citroën da supresión definitiva da quenda de noite en maio, cun excedente de 500 traballadores fixos na fábrica. Unha decisión moi preocupante, de confirmarse, que non só alarma aos traballadores da dita empresa e as súas familias, senón a toda a cidade de Vigo e ao conxunto do país galego.

O mesmo día en que se daba a coñecer dita nova, o pediatra e ex alcalde de Vigo Carlos Príncipe asinaba un extenso artigo de opinión reclamando unha facultade de Medicina para Vigo, coa idea de formar 200 novos estudantes cada ano. Sen entrar noutras valoracións, gustaríame facer algunhas reflexións ao respecto. En primeiro lugar, quero salientar que o custo da formación dun médico sitúase por riba dos cen mil euros. A especial formación requirida para quen a súa vez forma aos estudantes de Medicina, as custosas infraestruturas para dita formación, os laboratorios, o equipamento singular, etcétera, fan desta titulación unha das máis caras, senón a máis. Por outra parte, sendo certo que faltan profesionais da Medicina nalgunhas especialidades, tamén o é que a día de hoxe son moitos os médicos galegos que están a exercer fóra de Galicia, incluso fóra de España. Varios centos só en Portugal.

A Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela aumentou ao longo dos últimos tres anos a súa oferta de prazas nun 50%. Fíxoo por petición da Administración autonómica, e sen recibir nin un só euro a maiores, polo que tivo que dedicar recursos propios, económicos, materiais e humanos, para atender do mellor modo posible a dito incremento de estudantes. É obvio que a USC necesita máis recursos, sobre todo para obter unha mellor formación dos futuros profesionais da Medicina. Os recursos necesarios para atender á formación de futuros médicos en Galicia serán menos, e empregados dun modo máis eficiente, se os centramos nunha única facultade, coa que colabore, iso si, a rede de hospitais do Sergas, e singularmente os grandes hospitais de Santiago, A Coruña e Vigo.

Por iso, penso que os responsables políticos, e tamén quen o foron, deben dar prioridade a manter e crear emprego no noso país e non a replicar facultades innecesariamente.

 

ENVIAR NOTICIA  

tribuna De Citroën a máis facultades de Medicina

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 
Autor de la imagen: PILAR CANICOBA
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.opinion
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.