pub
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.opinion
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

DE BAR EN BAR : Olvido

Fecha de publicación:

Un cego que canta blues: para que a palabra maldita non o borre todo e para sempre. O vento que fura o país mentres unha muller chora por un tellado que voa, pola luz que falta, polos de sempre que miran para outro lado. Unha nena de ollos claros bica o rostro do avó mentres cae a chuvia, fría fría, sobre as súas mans metidas na area dunha praia sen mar. Un namorado republicano que escribe con esprai nas paredes: quérote, princesa. Un tipo que tira o periódico ao lume, e arden os espías, os que mandan nos espías, o márquetin electoral que todo o ensucia. Un pai que cambia o pañal do sol. Dous tenistas inmensos dando leccións de humanidade en Australia. Unha lágrima e un avión que parte rumbo a Bos Aires. Borges que resucita cada noite entre os libros que ela le: palabras de otros, fue la pobre limosna que le dejaron las horas y los siglos. Un poema sen rima que deixa rímel (mentira tras mentira) nas uñas da muller que grita: de qué serve esta poesía que non sabe mover o corazón. Un médico que quería unha vida con sentido, anos despois do seu divorcio, e marchou a África. O solitario que fuma ás seis do mencer nun bar húmido do Berbés. As ondas do Orzán que miras, triste. Unha bailarina, un disc-jockey. Unha mamá que celebra a súa separación. Un home que pinta o seu desespero cantando: por eso aún estoy en el lugar de siempre. Unha risa que corre na cafetería do parlamento e ela ri con el, o seu adversario, e pensa qué estafa a política. Un amigo que hai mil anos que non ves e recorda o verso de Pound: o que amas, perdura. Un músico, un artista, un parado, un Romeo sen Julieta. A veciña do primeiro que non encontrou o primeiro amor. A peregrina que quere ser pedra nas pedras de Pontevedra. O lugués que recorta unha columna de periódico e escribe grazas. Blanco Amor e os cincuenta anos de A esmorga . Eu, aquí. Para que non venzas, olvido.

 

ENVIAR NOTICIA  

DE BAR EN BAR Olvido

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

Xosé Carlos Caneiro
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.opinion
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.