pub
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.opinion
Actualizado
Ir a la Portada
Elige:

CRÓNICAS INCONFORMISTAS : Stalin, no 1942

Fecha de publicación:

A figura de Stalin estase recuperando. A unha conferencia internacional celebrada en Moscova asisten as universidades principais de EE.?UU, Francia, e fundacións da mesma Rusia, e estudan varios temas, entre eles o da recuperación de Stalin, que pasou dunha estimación positiva do 12% de hai poucos meses a máis do 50% dos seus simpatizantes actualmente. No 1942 ninguén se atrevía a poñer en dúbida o valor de Stalin, a non ser os nazis e outros semellantes. Ao pouco tempo as figuras de Roosevelt e de Churchill retratábanse con Stalin en Crimea para dar unha idea do agradecemento de Occidente polo sacrificio que remataba de facerlle ao mundo impedindo que o Exército alemán cruzara o Volga á altura de Belgrado, entón coñecido como Stalingrado.

Alemaña volcara o groso do seu Exército a intentar cruzar o Volga e chegar ao Caspio, onde estaba o petróleo que necesitaba, pois sábese que moitas escuadrillas de avións non podían operar por falla de combustible. O plan de Alemaña era claro: cruzar o Volga, dominar o mar Caspio e xa con petróleo non sabemos deica onde ían chegar. Téñase en conta que Alemaña incorporaba ao seu Exército os pobos que ían conquistando: checos, austríacos, cíngaros, rumanos, ucraínos, moldavos. O Exército alemán comanda os exércitos destes pobos; e se penetraba no corazón de Rusia, sería a primeira vez que o faría na Rusia Central, incluída Moscova, mais se tal cousa sucedía o mundo occidental, incluídas as súas democracias, ían ter pouco que facer.

A estratexia de Hitler non podía ser ignorada por americanos e ingleses. Posiblemente isto foi estudado nas reunións de Teherán por entre outros Roosevelt, Churchill, Stalin; non sabemos as axudas que lle podería ofrecer a Stalin nese punto. De todas as maneiras Stalin sabía que nese punto, Belgrado se xogaba todo no mundo, a democracia e a mesma revolución rusa, e mentres exercía unha resistencia férrea, que logo dixeron que inhumana, tendíalle un cerco ao groso do Exército alemán que respaldaba o intento de cruzar o Volga. A partir dese intre, derradeiros meses do 1942, uns cantos que seguíamos con preocupación sabíamos que a derrota total de Alemaña tardaría só o tempo que precisaron os repregues do seu Exército. O malo para nos é que consideramos que coa derrota do nazismo tamén seguiría a derrota do franquismo, e nisto si que nos temos equivocado, aínda que si observamos como moitos xermanófilos comezaban a deixar de selo.

Andando o tempo, os que vangloriaban a Stalin no 1942 ao pouco tempo empezan a falar dos crimes de Stalin, que foron acusacións incrementadas deica os nosos días, e non deixa de ser curioso que esa nova que nos están dando sobre o aprecio, in crescendo , que está a adquirir a figura de Stalin. Hai que seguir isto e recordar outras cousas.

 

ENVIAR NOTICIA  

CRÓNICAS INCONFORMISTAS Stalin, no 1942

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

Isaac Díaz Pardo
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.opinion
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.