pub
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.opinion
Actualizado
Ir a la Portada
Elige:

: Manuel Abelleira Acabar co sistema capitalista

Fecha de publicación:

ende os medios de comunicación capitalistas estase informando interesadamente sobre os disturbios que ocorren en Grecia. En realidade, non reflexan máis que unha parte do descontento da xuventude e os traballadores gregos. Descontento que se expresa normalmente a través de folgas xerais coma a do pasado 10 de decembro, a décima dos catro anos de goberno de dereitas presidido por Karamanlis. O seu último ataque é contra o sistema de pensións.

Lonxe da destrución da propiedade e dos saqueos que levan centrado a atención dos medios de comunicación da burguesía, o movemento da clase obreira e da xuventude grega está amosando a súa seriedade e masividade. A determinación da clase obreira grega deixouse sentir en todo o país, paralizando toda a actividade económica e con manifestacións masivas nas principais cidades.

A destrución non é o método de loita adecuado. Ao contrario, son utilizados para desprestixiar o movemento e tratar de illalo, evitando a simpatía e solidariedade activa de traballadores e xóvenes dentro e fóra das fronteiras gregas. O propio movemento estudantil ten denunciado estes métodos e aos grupos de gamberros, lumpens e provocadores policiais infiltrados.

Dende o Sindicato de Estudantes solidarizámonos coa loita dos xóvenes e traballadores gregos contra o asasinato de Alexandros Grigoropoulos e contra o Goberno. O aparello do Estado en Grecia é herdanza directa da ditadura que sufriu este país entre 1967 e 1974. Coma no Estado español, tampouco foi purgado nin se eliminaron os elementos fascistas que había no seu interior. Non é de estrañar que, ante un movemento de masas, a policía grega actúe coa máis brutal represión. Este feito recorda ao asasinato a mans da policía, esta vez italiana, de Carlo Giuliani no 2001, durante as protestas contra a globalización capitalista.

No Estado español, a crise comeza a golpear duramente e as loitas serán inevitables. O noso sindicato xa leva convocadas dúas folgas xerais este trimestre, nas que participaron decenas de miles de xóvenes en defensa dun ensino público e contra Boloña (cuxo obxectivo é expulsar aos fillos dos obreiros do ensino universitario, con medidas como a substitución das becas por créditos e a creación de másteres públicos de 2.500 euros) e co lema ¡A crise que a paguen os capitalistas! A crise estase profundizando en todo o planeta e os grandes capitalistas esixen que cos impostos de todos se salven os seus negocios. Pero ¿quen salva aos traballadores?

 

ENVIAR NOTICIA  

Acabar co sistema capitalista

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.opinion
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.