pub
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.opinion
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

soleira : Empresarios fóra de órbita

Fecha de publicación:

Non vou entrar, porque non paga a pena, no contido do manifesto da directiva -non dos socios- do Club Financeiro Vigo. Calquera que teña uso de razón (nos meus tempos presumíase aos oito anos) pode decatarse sen esforzo de que menten ou caen na vulgaridade.

O grave non é o contido senón a dimisión que os asinantes fan das súas competencias, experiencia e carácter. Por exemplo, nunca vin que os empresarios de Vigo se manifestasen contra as monstruosidades urbanísticas da cidade, sen dúbida porque non lles resultaría moi práctico facelo.

E materia hai abondo, e cada día anovada, dende ese centro comercial mastodóntico e antiestético que pecha, da maneira máis decisiva posible, a cidade ao mar ata o edificio mesmo da sede do CFV -todo un síntoma. A calidade de vida dos seus veciños non é merecente da menor atención dos manifestantes.

Nin barbaridades como o Verbum, nin tampouco o novo auditorio que se proxecta sobre un solar que foi dunha empresa que fracasou, como tantas outras da cidade. Nin que case ningunha empresa viguesa teña chegado á terceira xeración.

Galicia pode ofrecer ao mundo máis dunha ducia de grandes escritores entre os mellores de calquera cultura; pero non pode ofrecer nin un só empresario que estea a ese nivel. Tampouco isto, que demostra un moi grave retraso, entra nas preocupacións de certos empresarios. Pero si a política lingüística. Estraño mundo o mundo no que algúns viven.

 

ENVIAR NOTICIA  

soleira Empresarios fóra de órbita

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

X. L. Franco Grande
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.opinion
Otros enlaces de interés:
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd