pub
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.opinion
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

vidas ejemplares : | Luís Ventoso Galicia, claro

Fecha de publicación:

Por esas voltas que ten a historia, resulta que hai centos de palabras que son iguais en galego e castelán. Os dous idiomas veñen do latín e tan galegos son os termos que coinciden co castelán coma os outros. Pero cando se politiza o idioma as cousas non sempre se miran con lóxica, e ata podemos chegar a ter palabras de primeira e de segunda.

Resulta que o nome do noso país dise igual en galego e en castelán: Galicia. Non é tan raro, sucede o mesmo con palabras coma amor, quintana ou bloque: sonche iguais nas dúas linguas.

O nacionalismo baséase na idea nai de que o noso é algo único, diferenciado, distinto. Así que cando xermola o pensamento político nacionalista, hai quen cre que é unha mágoa que o noso país teña un nome, Galicia, que serve tamén en castelán. ¿Solución? Miraron cara ao Medievo e alá atoparon que houbo momentos nos que tamén se dicía Galiza. Así que recuperan ese termo, morto na fala real da xente, e tentan impoñelo por motivos ideolóxicos. Dá igual que non o use case ninguén e que o nome oficial do país sexa Galicia.

A fixación con Galiza non tiña maior importancia ata que o BNG tocou poder e intentou mudar os nomes oficiais das institucións do país para vinculalos ás súas siglas. A ala Bloque da Xunta vulnera así o que di a primeira das nosas leis, o Estatuto, onde pon ben claro que o único nome da nosa terra é Galicia.

Á pregunta da conselleira de Cultura (BNG), que soñaba con validar oficialmente o Galiza partidista, a Real Academia Galega emitiu un ditame no que fixa, sen lugar a dúbidas, que na vida oficial o único nome que vale é Galicia.

Vai sendo hora de que se cumpra a lei e desaparezan as consellerías de Galiza, os auditorios de Galiza e as Cidades da Cultura de Galiza. A nosa terra non pode ter dous nomes polo simple capricho dun partido que, para ben o para mal, non deixa de ser o terceiro en votos.

 

ENVIAR NOTICIA  

vidas ejemplares Galicia, claro

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.opinion
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd