pub
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.opinion
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

VENTO NAS VELAS : «Sempre Xonxa»

Fecha de publicación:

Cúmprense trinta anos da primeira produción de Chano Piñeiro: Os paxaros morren no aire (1977), e case vinte anos dos primeiros traballos de Sempre Xonxa (1989), sen dúbida o seu filme máis ambicioso e máis coñecido. Algúns amigos estamos a conmemorar o acontecemento, no marco de certames, onomásticas e celebracións do audiovisual galego.

Cando en setembro do ano 2000 Xan González Millán, animador de tantas iniciativas, me propuxo un curso de literatura e cultura galegas na Universidade Pública de Nova York, levei canda min Sempre Xonxa . Parecíame que, se tiña que lles explicar a estudantes doutros ámbitos culturais a realidade social de Galicia, da Galicia tradicional, contada dende unha ollada antropolóxica e representativa, á par que emocionante, o filme de Chano podía funcionar. E abofé que funcionou. Tamén levei O carro e o home, de Antonio Román e Xaquín Lorenzo, e mais A lingua das bolboretas , pois o relato de Manuel Rivas segue parecéndome a parábola máis eficaz de que dispoñemos para explicar a guerra civil en Galicia (e en España), cuestión que aos americanos tanto fascina aínda hoxe.

A película de Chano Piñeiro, digo, malia que daquela xa pasaran dez anos dende a súa estrea, non só funcionou marabillosamente senón que tivemos que improvisar tres proxeccións fóra de programa, alén do estrito ámbito académico. Interesou e sorprendeu. Non tanto pola súa factura narrativa, que ten imperfeccións, como pola autenticidade con que se aborda o relato, a forza dos personaxes e do mundo que autor nos presenta, a emoción e a sinceridade con que cada plano, cada secuencia, procura a explicación dese mundo distinto, territorio propio, que loitaba por se facer ouvir (por existir) no medio da globalización uniformizadora, mesmo naquel curruncho da Terceira Avenida.

Teríame gustado poder contarllo a Chano despois. «Coma os irlandeses», dixo alguén. «Eu máis ben vexo os italianos?», corrixiu outro. Simplemente galegos, coma os que axudaron a levantar a ponte de Brooklyn, por exemplo, coma os que habitan nas ruelas de Queens ou atenden os seus negocios na banda do Hudson?

Hai anos que a Unesco teima na advertencia de que sen audiovisual non hai futuro para a cultura dos pobos. Igual que no seu día sucedeu co libro, o discurso da imaxe é fundamental para a existencia das culturas, moi principalmente para a súa exposición e proxección. Fundamental e non incompatible coa plástica, a música, as artes da representación, a Rede? A cultura, como a vida, tece e desenvolve as súas capacidades sobre unha estrutura de vasos comunicantes.

 

ENVIAR NOTICIA  

VENTO NAS VELAS «Sempre Xonxa»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

Víctor F. Freixanes
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.opinion
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd