pub
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.opinion
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

vento nas velas : Algunhas cifras do libro galego

Fecha de publicación:

O libro galego segue crecendo. Paseniñamente, como corresponde a un mercado maduro (o mercado xeral do libro) e a unha demografía (a galega) que crece tamén moi moderadamente, cando crece. As cifras de negocio das editoras galegas que nos amosa o informe do Comercio Interior do Libro, ascenderon o pasado ano 2006 a 28 millóns de euros, cun incremento certamente espectacular: o 21,5% respecto do ano anterior, que foi de 23 millóns, e moi superior á cifra do 2003 (16 millóns).

A facturación total do libro en España medrou ese mesmo ano un escaso 2,8%. Se ollamos cara atrás, cunha perspectiva de dez anos, por exemplo, podemos observar como o comercio do libro mantén no conxunto do Estado unhas cifras practicamente estables (por non dicir estancadas). A sociedade lectora é a que é. Trátase dun fenómeno común ao resto das culturas editoriais do noso contorno. Nese mesmo ano 2006, a facturación do gremio de editores de Cataluña (que edita tamén en castelán) medrou un 2,1%, mentres que o gremio de editores de Euskadi minguou un -2,6%. Comparativamente, o libro galego crece e ten horizonte por diante. Un dato, pois, para o optimismo.

Non medrou, non obstante, o número de novidades, nin as tiraxes medias. A edición en lingua galega acadou no ano 2006 un total de 1.665 novos títulos (2,4% menos que o ano anterior), fenómeno tamén común ao conxunto da edición española (-1%), pero o volume de negocio aumentou e, xa que logo, a rendibilidade das empresas. Debemos deducir que tamén aumentou o número de lectores. Deses 1.665 títulos de produción galega, un 20% prodúcense fóra de Galicia, e a meirande parte pertencen ao subsector do libro de texto e da literatura infantil e xuvenil, fenómenos vencellados ao ámbito escolar, similares ao que sucede coa lingua catalá e o éuscaro: a escola segue a ser o gran espazo de estabilidade do mercado nestas linguas. Nun terceiro lugar aparece o que denominamos «edición literaria». As nosas grandes carencias seguen a estar na edición técnica, científica e universitaria.

Son datos para a reflexión. Mais tamén para a esperanza, repito. O feito de que as tiraxes medias diminúan (1.891 exemplares por título) é un dato que debemos matizar en función das posibilidades tecnolóxicas: as reimpresións son hoxe moito máis doadas e máis rápidas. Un derradeiro apunte a considerar: a librería segue a ser a grande canle de distribución do libro en Galicia. Máis do 57% do libro comercialízase a través desta rede de establecementos, fronte a un 33,3% da media española.

 

ENVIAR NOTICIA  

vento nas velas Algunhas cifras do libro galego

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

Víctor F. Freixanes
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.opinion
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.opinion
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd