As últimas tendencias pedagóxicas recomendan que nenos e nenas estuden en centros separados, tanto na etapa infantil como na primaria e secundaria. As razóns aducidas son que se comprobou experimentalmente que as nenas desenrolan antes a capacidade lingüística e a destreza para lectura e escritura, e teñen un ritmo máis rápido de aprendizaxe que o dos varóns. Na secundaria, polo contrario, eles teñen maior capacidade para materias como Matemáticas ou Física.
Case sempre o problema se planea dende o punto de vista do prexuízo aos nenos, que na primaria se senten frustrados e desenvolven condutas agresivas contra as nenas, mentres que na secundaria perden concentración ante a presenza do sexo feminino.
Non cabe dúbida de que as nenas tamén sairán beneficiadas, porque non se verán freadas no seu desenvolvemento por compañeiros máis retrasados, e na adolescencia poderán aprender matemáticas ao seu ritmo sen ser consideradas intelectualmente inferiores.
Polo que se refire ao ensino superior, onde as capacidades intelectivas se igualan, lémbrome que, hai xa moitos anos, colegas norteamericanas defenderon a existencia das súas universidades femininas cun argumento que estaba contrastado pola experiencia: nas mixtas, as rapazas máis intelixentes rendían menos porque se sentían desdeñadas polos compañeiros de clase, ou sexa: os fins de semana ficaban na casa.
Dados os pésimos resultados do noso sistema de ensino a todos os niveis, sería cousa de probar estas novas ideas pedagóxicas.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios