Vergonza é o que debemos sentir os cidadáns deste país pola decisión de ter illado á conselleira de Cultura dos actos institucionais nos que interviu o ministro de Cultura. Vergonza múltiple: política, humana e cultural, e aínda tamén por razóns estéticas, de saber estar ou do que sen máis se chama ter maneiras.
De todo isto xa se falou abondo nestas páxinas, e con moito acerto. Pero hai algo que me preocupa moi en primeiro termo: non vexo maneira de devolver ás institucións a súa dignidade nin de liberar á conselleira Ánxela Bugallo de situación tan inxusta. Aquelas quedaron moi mal paradas por unha torpeza impensable nun país civilizado e ela, a conselleira, asinada por moito tempo -eu diría que para sempre- por unha das decisións máis inxustas que coñecemos.
Nin pedir perdón, nin facer ocas declaracións exculpatorias, nin botarse, este ou aquel, as culpas polo que se fixo. Tanto dano non ten doada reparación. Ninguén poderá volver as cousas ao seu rego.
Aquí ofendeuse moi gravemente a dignidade do país en xeral e das súas institucións en particular, ademais da dignidade persoal da afectada. Fará ben esta en non admitir desculpas, sexan as que foren, porque non as hai. Non pode habelas.
Ese é o sentido da democracia que teñen algúns. Pero serán moitos os que de agora en diante non poderán crer nela, por máis que se proclaman demócratas os que así atentaron contra a democracia. Pois esa democracia non vai cos demócratas. Porque non o é.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios