A Asociación de Tradutores lembra hoxe en Vigo a Valentín Arias

Valoración Con: 1 estrella 2 estrellas 3 estrellas 4 estrellas 5 estrellas   votos ¡Gracias! Envíando datos... Espere, por favor.

A Asociación de Tradutores de Galicia celebra hoxe en Vigo un acto de lembranza e homenaxe a Valentín Arias López, cofundador e directivo da asociación, falecido hai un ano. O acto terá lugar no edificio administrativo da Xunta en Vigo, e vai ser presentado pola profesora e escritora Rexina Vega. Ao longo do acto intervirán Xosé María Gómez Clemente, Antía Cal, Avelino Pousa, Lois Arias Castaño, Xosé Manuel Beiras, Víctor F. Freixanes, Manuel Bragado, Camiño Noia e os integrantes de A Quenda, Mini e Mero. O acto comezará as oito do serán. Ademais de traducir innumerables textos ao galego, traballou na Fundación Penzol e foi xerente de Galaxia.

Tributo a Fernández Paz

Por outra banda, o vindeiro 30 de xuño a plataforma cidadá ProLingua organiza unha homenaxe ao escritor Agustín Fernández Paz. O acto, que será conducido por Rosa Aneiros, terá lugar ás 12.30 horas no Centro Social Novacaixagalicia de Vigo (rúa Policarpo Sanz).

A seguir haberá un xantar programado para 250 persoas a partir das 15 horas no Restaurante Carrís de Vigo. Para calquera dos dous casos as reservas faranse neste enderezo de correo electrónico:  homenaxeagustin@gmail.com

Valentín Arias.
Valentín Arias.