«Un editor debe ser, ante todo, bo lector»

La Voz

CULTURA

04 dic 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Xornalista de formación, Ignacio Chao comezou como freelance no mundo editorial. Leva catro anos como coordinador do departamento de literatura infantil e xuvenil de Edelvives. Chao cre que un editor debe ser, ante todo, bo lector: «Ten máis de medio camiño andado». A isto engade recoñecer o bo estilo dun autor, detectar a súa capacidade para dialogar co seu tempo e coñecer ben a tradición dos xéneros para contribuír, «man a man co autor», á mellora dunha obra.

Na súa visión, a literatura para rapaces os acompaña nun tempo de «descuberta do mundo». «Parte da misión da literatura é contribuír, suxerir, acompañalos nesa descuberta: do que está fronte aos seus ollos e do que está dentro de si». Chao cre que o editor debe seleccionar, pero non condicionar esa lectura.