pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

COMPOSTELA «O arquivo da catedral de Santiago é a metade da alma de Galicia»

«Creo que a desaparición do Calixtino foi un desgraciado descoido», di Segundo Pérez, novo arquiveiro da Catedral.

Autor:
camilo franco
Localidad:
santiago / la voz
Fecha de publicación:
  • Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , ()
  • Envíando datos... Espere, por favor.
  •  Gracias.

Segundo Pérez está sorprendido da transcendencia pública do seu novo cargo como arquiveiro da catedral compostelá, un posto que nunca se lle «pasou pola cabeza ocupar, pero que non podía rexeitar».

-¿Cales son os traballos que considera máis urxentes no arquivo?

-A miña primeira constatación é o magnífico traballo desenvolvido nos últimos trinta anos no arquivo. Sorprendeume porque non é un arquivo anticuado: está vivo e está ao día. Non é o que ás veces se di. Creo que o traballo do arquivo agora non é de dixitalización, que está practicamente feita, senón un traballo de achegamento deste magnífico patrimonio á sociedade.

-A desaparición do Códice Calixtino atribuíuse a unha falta de seguridade. ¿Está mellorada?

-Neste caso tamén estou sorprendido da seguridade existente porque me parece moi boa. Creo que a desaparición do códice foi un desgraciado descoido que se dá en moitas institucións, desde a Biblioteca Nacional ata o Hermitage de San Petersburgo. Eu creo que o códice estaba ben gardado, pero xa se fixo unha revisión de sistemas e estanse ultimando a instalación de cámaras de seguridade por todo o arquivo e tamén seguimos as instrucións do plan director e tapiaremos algunhas portas no perímetro do espazo central do arquivo.

-¿Tomou algunha decisión desde a súa incorporación?

-Aínda non. No prazo dun mes terei preparado un informe e unha proposta de accións para o cabido e estou falando con todo o persoal e cos cóengos para entrar en situación. Eu creo que o arquivo é a metade da alma de Galicia e se a xente o coñecese como é, sorprenderíase do ben tratada que está a documentación, do traballo que se fai e da calidade do arquivo desde calquera perspectiva que se mire. O que si imos facer é gardar todas as chaves dos distintos departamentos nunha caixa forte que imos instalar, pero case é máis unha cuestión de organización que de seguridade.

-¿É partidario de restrinxir máis o acceso ao arquivo?

-Ao contrario. Eu creo que o arquivo debe ser coñecido e o que debemos facer é un control rigoroso da xente que accede, aínda que o actual me parece bo. Por outra parte, hai que diferenciar o acceso ao arquivo na zona habilitadada para investigadores e a zona de arquivo propiamente dita á que só accede o persoal e que está illada do resto. Coa dixitalización, só en moi excepcionais ocasións os investigadores teñen que acceder ás pezas e sempre teñen que estar acompañados.

-Desde a interpretación política do seu nomeamento parece que o novo arquiveiro está obrigado a cambiar o sistema e a organización.

-Para nada. Estou moi agradecido ao cabido por este nomeamento e teño que dicir que fun recibido por todos con moita amabilidade e moitos ánimos, sen premisas, nin instrucións.

-¿A policía púxose en contacto con vostede?

-Aínda non. Nin eu con eles. Supoño que sucederá.

-O seu predecesor no posto dicía que a desaparición do Códice Calixtino era unha sombra sobre a catedral. ¿Enténdeo así?

-Desde logo é unha sombra que pesa sobre a Igrexa porque a xente non sempre entende que estas cousas pasan incluso nos mellores arquivos e museos. No particular é un suceso que pesa e que dá certa inseguridade.

-Vostede investigou no arquivo vaticano. ¿Que comparación fai?

-Son arquivos completamente diferentes. Pero pódolle dicir que tanto por seguridade, como por equipo, por persoal e mesmo por documentos, o da catedral de Santiago ten pouco que envexar ao vaticano.

 

ENVIAR NOTICIA  

COMPOSTELA «O arquivo da catedral de Santiago é a metade da alma de Galicia»

«Creo que a desaparición do Calixtino foi un desgraciado descoido», di Segundo Pérez, novo arquiveiro da Catedral.

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«O arquivo da catedral de Santiago é a metade da alma de Galicia»
Segundo Pérez considera que a xente debe coñecer e valorar a calidade que ten o arquivo catedralicio compostelán.
Autor de la imagen: xoán a. soler
 
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.