pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

diego ameixeiras escritor «Quixen contar máis con menos»

Fecha de publicación:
  • Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , ()
  • Envíando datos... Espere, por favor.
  •  Gracias.

Recén premiada na Semana Negra de Xixón, Dime algo sucio é, segundo Diego Ameixeiras, o referente máis próximo a Historias de Oregón, a novela que protagonizará durante o mes de agosto as páxinas literarias de La Voz.

-¿Déronlle ganas de cambiar algunhas cousas ao texto desde que gañou o premio?

-Non lle fixen cambios, aínda que si fixen unhas liñas de resumo para cada capítulo. Estou expectante pola sensación que me poida producir vela publicada no xornal porque, aínda que a escribín sabendo que era para un xornal, nunca sabes como pode quedar. Por outro lado, tamén quero ver como é a relación cos lectores a través do periódico.

-¿Que relación cre que van ter os lectores coa historia?

-Espero que vexan unha novela negra, criminal. Tamén espero que se enganchen todos os días, que vaian collendo as distintas tramas que hai para eses temas que trato: incendios, maltrato, prostitución. Que entendan tamén que, aínda que son temas de actualidade, o que fago con eles é ficcionalos.

-Para os lectores doutros libros seus, ¿a cal se aproxima máis?

-É unha novela que ten moito que ver con Dime algo sucio. En certo modo podería entenderse como unha continuación, cuns tipos de personaxes semellantes, ao límite, algo marxinais. Vidas cruzadas, tramas paralelas... E tamén polo ton: frases curtas para contar máis con menos.

-«Dime algo sucio» foi recoñecida na Semana Negra.

-A novela entrou a última hora e creo que gustou. O que dixo Paco Ignacio Taibo dela é que era innovadora, e que había nos autores novos de novela de xénero un pesimismo moito máis marcado que nos autores de xeracións anteriores.

 

ENVIAR NOTICIA  

diego ameixeiras «Quixen contar máis con menos»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«Quixen contar máis con menos»
Diego Ameixeiras.
Autor de la imagen: vítor mejuto
 
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.