A brevidade e a fragmentación como maneiras do presente narrativo

La Voz

CULTURA

08 jul 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O director xeral do Libro sinalou na súa intervención que a brevidade tiña cada vez «máis lectores e máis prestixio entre a crítica». No mesmo sentido explicou Diego Ameixeiras que quizais todo o mundo «non entenda as dificultades de escribir con espazos marcados, para públicos amplos e sabendo que hai que manter a tensión durante trinta e un días».

Para Xosé Luís Vilela, director de La Voz de Galicia, o Premio de Novela por Entregas permite «descobrir novos autores ou confirmar a outros xa coñecidos, como é este caso». O directorexplicou tamén que un dos cometidos da xente da cultura é «recuperar para o mundo a beleza e a sensibilidade», seguindo a fábula dun mundo que tiña tres soles, intelixencia, beleza e sensibilidade, no que os dous últimos se foran apagando pola actuación humana. Xosé Luís Vilela considera que é mágoa resignarse a quedar «só coa intelixencia cando poderiamos ter as tres cousas».