Novelas escritas seguindo a lei do guión e que poderían ser cine

La Voz

CULTURA

13 jun 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Para Héctor Carré non é difícil pensar en cine. Explica que a idea inicial de Febre era «para unha película». Pero o director de cine calculou que sendo «unha película de época, da posguerra civil española, os custos de produción serían altos e ninguén querería asumila». Foi entón cando pensou en darlle unha oportunidade á escrita.

Non se sente frustrado por «conformarse» coa versión impresa. «Gústame calquera cousa menos quedar na casa», afirma. Explica tamén que gusta de «escribir e para facer a película seguro que haberá tempo, porque está claro que é una historia moi cinematográfica».

Tamén apunta que a historia dálle un pouco de volta á imaxe que hai da posguerra: «Foi un tempo de moita fame e moita dureza, pero no medio diso había ríos de cartos arredor do mineral que provocaban situacións impensables».