A Agadic convoca as axudas a industrias culturais

santiago / la voz

CULTURA

Máis do 60% das axudas están destindas a produción escénica con 850.000 euros.

25 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Ata o 24 de xuño permanecerá aberto o prazo para solicitar as axudas que a Agadic destina ás industrias culturais. As axudas teñen un importe total de 1,37 millóns de euros que se dividarán en seis modalidades: escénica, crédito-cultura, promoción e difusión discográfica, distribución, salas privadas de exhibición escénica, melloras de estudos de gravación e salas de música ao vivo.

Entre as novidades salientadas pola Agadic está a das axudas destinadas ás compañías residentes que, segundo a Axencia, este ano serán resoltas mediante convenios coas compañías que na actualidade teñen esta condición.

Máis do 60% das axudas están destindas a produción escénica con 850.000 euros. Segundo a Agadic, a concesión das axudas será estudada por dúas comisións, unha delas para as actividades escénicas e as salas de exhibición. A outra comisión avaliará as propostas de produción e promoción de traballos discográficos e para a mellora dos estudos.