O Premio Biblos-Pazos de Galicia elixe aos tres finalistas da sétima edición

Redacción

PONTEVEDRA CIUDAD

Os finalistas son Iria Morgade Valcárcel, de Poio, Andrés Carrasco Solla, de Pontevedra, e Iria Ameixeiras Cundíns, de Baio-Zas.

15 may 2011 . Actualizado a las 00:00 h.

O xurado do Premio Biblos-Pazos de Galicia de novela para menores de 25 anos elixiu onte como finalistas a Iria Morgade Valcárcel, de Poio, Andrés Carrasco Solla, de Pontevedra, e Iria Ameixeiras Cundíns, de Baio-Zas.

Os finalistas deberán agora presentar, antes do 13 de xullo, unha versión máis elaborada dos seus proxectos, cunha extensión máxima de 150 folios. O fallo terá lugar na tradicional cea na semana previa ao 25 de xullo.

Este ano, o titor da sétima edición do premio Biblos-Pazos de Galicia é Xabier P. Docampo, un dos grandes autores galegos de literatura infantil e xuvenil. O xurado do premio está composto, ademais de polo titor, pola gañadora da anterior edición, Elena Veiga, e mais o editor Tucho Calvo.

Docampo destaca a importancia desta iniciativa e afirma que das anteriores edicións deste premio «saíron grandes narradores que darán moitas páxinas magníficas á literatura galega».