O editor de Galaxia, Víctor F. Freixanes deu unha conferencia sobre Cunqueiro, na que explicou que o autor «sempre tivo o seu corazón na lingua e na cultura de Galicia»
Álvaro Cunqueiro estivo presente na Feira do Libro de Bos Aires. Dentro das actividades para dar a coñecer a literatura galega celebrouse un acto co gallo do centenario do escritor mindoniense e que ten por obxectivo difundir a súa obra en Arxentina. O editor de Galaxia, Víctor F. Freixanes deu unha conferencia sobre Cunqueiro, na que explicou que o autor «sempre tivo o seu corazón na lingua e na cultura de Galicia». Freixanes volverá falar mañá no Café Tortoni sobre xornalismo en Galicia.
Ademais, o actor Cándido Pazó presentou un avance da súa obra Cunqueiradas e Lorena Lores interpretou varios poemas do escritor. O acto tamén contou coa participación do presidente da Federación de Asociacións Galegas, Francisco Lores Mascato, e o director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López, quen hoxe viaxará a Mar del Plata para presentar a Biblioteca Castelao, que reúne case 900 volumes doados pola Xunta.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios