pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

POESÍA «Pereiro estaba á marxe do ruído do mundo, pero non da sociedade»

Ana Acuña acaba de publicar a obra poética completa de Lois Pereiro.

Autor:
camilo franco
Localidad:
vigo / la voz
Fecha de publicación:
  • Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , ()
  • Envíando datos... Espere, por favor.
  •  Gracias.

Edicións Xerais de Galicia acaba de publicar a obra poética completa de Lois Pereiro. Ana Acuña foi a responsable desta edición, que ofrece unha dimensión «máis global».

-Unha vez que se reúne nun volume a poesía de Pereiro, ¿que nova dimensión aparece?

-Penso que a poesía reunida nun único volume dá unha dimensión máis global da vida e da obra de Pereiro. Así, creo que a poesía completa axuda a visualizar a súa evolución poética, a reparar nas características da súa obra (por exemplo, o hibridismo lingüístico en «cinco idiomas traballosamente interpretados», como el escribiu) e a comprobar a súa preocupación pola lingua na procura do mot juste en cada poema. Ademais, o coñecemento da súa poesía permítelle ao lector relacionala coa obra en prosa, decatarse das súas preocupacións sociais e do seu compromiso co galego dende os 17 anos, cando decidiu que esa sería a súa lingua poética.

-Fala na introdución do profundo coñecemento da cultura e da contracultura.

-A obra de Pereiro dá unha idea do coñecemento do que el denominou «afiado terrorismo literario austro-alemán», pero tamén do coñecemento da literatura norteamericana, dos movementos musicais, cinematográficos, do atlantismo? Non esquezamos que el deixou dito que a súa xeración «viviu coas portas abertas a todos os mundos» fronte á realidade mediocre e censurada.

-¿Como situaría a Pereiro en relación coa xente da súa xeración?

-Pereiro andou un camiño senlleiro e independente, a pesar da súa inclusión dentro da xeración dos oitenta. Nunha entrevista a Luís Díaz dicíalle: «Non formo parte de ningún grupo poético, ademais hoxe xa non os hai».

-¿Como cre que pesan as circunstancias vitais de Pereiro na lectura da súa poesía?

-El mesmo declarou ese peso das circunstancias vitais, máis presentes no último libro, «moito máis encarnado no sangue, na vida, nas vivencias que transcorreron nestes últimos anos da miña vida».

-Pereiro foi unha figura máis ben a distancia dos academicismos. ¿Como ve en relación con iso a celebración do Día das Letras?

-Estaba á marxe «do ruído que xera nesta época o mundo», pero non do idioma nin da sociedade do seu tempo. A poesía de Pereiro entronca coa vida (en todos os sentidos, bo e malo) e que este ano todos esteamos pendentes del demostra que a disidencia pode ser parte do sistema e que -como escribiu Castelao- «hai sitio para todos».

«A obra completa permite relacionar a súa poesía coa obra en prosa»

ana acuña editora da poesía de lois Pereiro

 

ENVIAR NOTICIA  

POESÍA «Pereiro estaba á marxe do ruído do mundo, pero non da sociedade»

Ana Acuña acaba de publicar a obra poética completa de Lois Pereiro.

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«Pereiro estaba á marxe do ruído do mundo,  pero non da sociedade»
Ana Acuña di que Pereiro andou un camiño senlleiro.
Autor de la imagen: ramón leiro
 
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.