«A diversidade tamén pode triunfar»

La Voz

CULTURA

04 abr 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Músico e xornalista, Xurxo Souto saúda o éxito de Manel, que «demostra que a diversidade lingüística e cultural pode chegar a un público masivo. Os artistas galegos que exportan o seu éxito fano en galego, como Uxía Senlle, Carlos Núñez ou Mercedes Peón. En Portugal, o 90% dos grupos cantan en inglés, pero os que coñecemos e os que triunfan fóra son precisamente os que o fan en portugués. Cando un grupo quere diferenciarse, e o pode facer a través da lingua, pode acadar o éxito, como demostrou aquí o Xabarín».