«Tocar fóra de Galicia é moi difícil»

La Voz

CULTURA

04 abr 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Ocantante e guitarra de The Homens, con catro traballos ás súas costas en galego, declárase «bastante pesimista». «A diferenza con Cataluña é que eles teñen unha industria cultural e certo orgullo do seu, e aquí non temos ningunha das dúas cousas. Ao final, aos únicos que non lles importa o idioma é a nós, porque para os demais si que importa: hai quen te segue porque milita nesa cuestión, e hai quen che pon a cruz e non a das quitado. Tocar fóra de Galicia, agás Cataluña ou o País Vasco, é realmente moi difícil».