Representacións teatrais, lectura de poemas e roteiros por Vigo e Mondoñedo

La Voz

CULTURA

28 feb 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

A actividade escénica tamén terá unha forte presenza nos actos deste ano. A adaptación de Sarabela do Don Hamlet xa está de xira, Quico Cadaval e Cándido Pazó montarán na Cidade da cultura o 2 de abril Cunqueiro, a maxia da palabra, e Amancio Prada dará un concerto especial en Santiago. Nesta mesma cidade celebrarase o 15 de xuño unha lectura de poemas, coordinada por Luís González Tosar. O colofón será o 22 de decembro en Mondoñedo con todo tipo de actos culturais.

O Consello da Cultura Galega tamén ofrece a posibilidade de percorrer pegados ao terreo algúns dos escenarios máis queridos e frecuentados de Cunqueiro, grazas a sendos roteiros de Mondoñedo e de Vigo que se poden consultar e descargar na páxina web www.culturagalega.org